Site icon Crónica3.com A Mariña

Historias da Bankia-rrota

CON PÓLVORA E MAGNOLIAS. Corría o ano 2009 cando o Concello e a Comunidade de Madrid, cos incombustibles Gallardón e Aguirre á cabeza, participaban daquela guerra fría que foi o control da institución bancaria outrora denomindada como “Caja Madrid”; eran días de viño e rosas, a torta era grande e suculenta, e ninguén quería quedar sen a súa parte.

Lonxe daquelas loitas de poder, aquel motivo de disputa familiar, acabou transfromándose no Banco Financeiro de de Aforros (BFA), que aglutinaría a sete antigas caixas de aforros: Caja Madrid, Bancaja, La Caja de Canarias, Caja de Ávila, Caixa Laietana, Caja Segovia y Caja Rioja. Despois da brutal resaca do estourido da burbulla era preciso buscar solucións que garantirán a viabilidade das devanditas entidades.

Ben entrados xa no ano 2011 asemellaba que aquela afirmación de que deixara para a posteridade Rodríguez Zapatero, de que o noso sistema financeiro era un dos máis sólidos do mundo, e de que xogábamos na “Champions League” da economía mundial, xa non era, tan sequera, dun infantilismo supino, senón que requería adxectivos de maior contundencia dialéctica….

Como capitán que guiaría a nave victoriosa de volta a Itaca tíñamos o noso propio Ulises: Rodrigo Rato; só él tiña a capacidade para dar un golpe de timón e reconducir a senda dunha embarcación que, por momentos, parecía avocada ó naufraxio….

Bankia emite unha Oferta Pública de Suscripción de Accións na que 370.000 inversores particulares acudiron a mercar valores alentados por un informe de venta que autodenomina á nova entidade como a máis solvente do mercado financeiro español.

Os feitos que preceden son de coñecemento notorio: Bankia quebra e é intervida polo FROB, os balances económicos que serviron de base para a venta de accións foron –segundo peritos do Banco de España- “maquillados” para dar unha apariencia de solvencia non axustada á realidade, os accionistas perden todos os seus cartos… Os acontecementos seguen a precipitarse: dimite o gurú Rato sucedéndolle José Ignacio Goirigolzarri, ten lugar a comparecencia en sede parlamentaria…

E da historia xeral á particular: unha das primeiras demandas interpostas no partido xudicial de Viveiro por nulidade na venta de accións Bankia tivo, previo paso por Audiencia Provincial, hai pouco un final feliz, a devolución íntegra das cantidades invertidas, os intereses legáis do 4% e as costas procesáis impostas a Bankia; afortunadamente ésta non é unha excepción, a porcentaxe maioritaria de demandas de nulidade contra Bankia teñen idéntico resultado.

A conclusión final é que, dos tres peares que conforman o Estado de Dereito, o único que está a aguantar, coas súas moitas eivas, é o xudicial; a xustiza segue a ser lenta, segue a ser técnicamente deficiente, segue a quedar fora habitualmente do debate político, segue a ser en moitos casos inxusta, pero en ocasións atende de forma independente á vontade soberana da xente.

Exit mobile version