Site icon Crónica3.com A Mariña

José María Besteiro, pregoeiro da X Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto o 17 de abril

ferroO domingo 17 de abril celébrase a X Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto nunha xornada organizada pola Asociación de Ferreiros de Riotorto e o Concello coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e Artesanía de Galicia.

A exposición de ferreiros e produtos do campo abrirase ás 11.00 horas, pero ao longo da xornada desenvolveranse diferentes actividades: demostracións en vivo, obradoiros e actuacións musicais.

As demostracións de oficios comezarán ás 11.30 horas con Pirograbados do Norte (Ortigueira), Alfarería Aparicio (Buño), tear con Cecilia Carballo (Triacastela) e torneado da madeira a cargo de Jesús Iglesias (Ortigueira).

A inauguración oficial da feira terá lugar ás 12.00 horas coa lectura do pregón a cargo de José María Besteiro, produtor das series ‘Libro de familia’ e ‘Pazo de familia’. Posteriormente, ás 12.15 horas, dará comezo a demostración dos ferreiros de Riotorto, Friedrich Brasmsteidl (Austria), Alberto Leis (Compostela), Centro de Intepretación de la Forja (Forjas Brun – Navarra), Ferreiro Antonio do Corgo (Lugo) e obradoiro de carbón vexetal a cargo de Antonio de Montouto (Baleira).

Roi Casal, responsable da banda sonora de ‘Pazo de Familia’ e de ‘Caseiros’, ofrecerá un concerto coa súa banda. Friedrich Brasmsteidl ofrecerá un obradoiro de ferro infantil e Cano Canyon desenvolverá un espectáculo de animación itinerante.

O mago Deimi ofrecerá maxia na rúa a partir das 13.30 horas e o Coro de Riotorto ofrecerá unha actuación musical ás 16.30 horas para deixar paso de novo a demostración de oficios de tódolos participantes e de novo se abrirán os obradoiros de carbón vexetal e de ferro infantil. A partir das 17.30 horas Cano Canyon ofrecerá de novo o seu espectáculo itinerante, mentres que ás 18.00 horas será a quenda da maxia na rúa.

O recinto feiral estará cuberto por unha carpa e a animación musical correrá a cargo ao longo da xornada dunha charanga e máis dos Gaiteiros de Riotorto.

Sábado
O sábado 16 de abril xa comezará a festa cunha pulpada popular servida pola Pulpería Mario de Viveiro a partir das 22.00 horas e con animación musical.

Exit mobile version