Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Ambiente investirá preto de 200.000 euros na mellora da rede de abastecemento de Viñas da Veiga, Viloalle e Marquide, en Mondoñedo

160303 mondoñedo 02xSantiago, 3 de marzo de 2016.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio financiará con preto de 200.000 euros a mellora da rede de abastecemento da Avenida de Bos Aires e a súa conexión cos núcleos de Viñas da Veiga, Viloalle e Marquide (na parroquia de Masma), en Mondoñedo.

Así llo confirmou este xoves a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, á alcaldesa da localidade, Elena Candia, coa que mantivo unha xuntanza de traballo en Santiago.

O proxecto, que se licitará nun prazo breve de tempo, consistirá no recambio da tubaxe e virá a solucionar a falta de subministro que se producía nalgúns momentos do ano nestes núcleos de poboación.

Ademais, na reunión acadaron outro acordo. En concreto, o departamento autonómico realizará unha intervención para evitar os problemas de inundacións no lugar de San Lázaro. Deste xeito, melloraranse as canalizacións para evitar asolagamentos.

Exit mobile version