Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG escolle en asemblea comarcal nova dirección aceitando a proposta do consello comarcal saínte que se renova no 50% das persoas unindo experiencia e renovación

consello-comarcal-bng-mariñaA Mariña, 9 de marzo de 2016. A asemblea comarcal do BNG escolleu na tarde deste mércores nova direccións comarcal ás que se deberá incorporar posteriormente a representación das localidades integradas na estrutura territorial na Mariña. Ana Ermida Igrexas recunca como responsábel comarcal encabezando unha equipa de vinte persoas das que sete forman a nova executiva comarcal e as tres primeiras pasarán a formar parte do Consello Nacional do BNG, máximo órgano de dirección entre asembleas.

A responsábel comarcal electa puxo en valor a incoporación nun 50% de persoas novas na nova dirección comarcal que conxuga experiencia e renovación, seguindo co proceso iniciado hai tres anos. O novo organismo de dirección comarcal terá como fins fundamentais facer visíbeis os problemas da xente da Mariña alí onde sexa preciso, seguindo co traballo local e comarcal dando voz ás persoas e aos sectores mariñaos que precisan dunha alternativa nacionalista que poña os intereses da comarca e do País por diante. Tamén será o organismo encargado de traballar no ámbito territorial comarcal no proceso de refundación encetado na recente asemblea nacional, afirmou.

Executiva Comarcal:
1.- ANA BELÉN ERMIDA IGREXAS

2.- BELÉN GONZÁLEZ MARTÍNEZ

3.- ROBERTO BOUZA OROSA

4.- MARTÍN GRAÑA PÉREZ

5.- CARINA PALLARES RODRÍGUEZ

6.- XOÁN ANTÓN ESTÚA GARCÍA

7.- ANTONIO VEIGA OUTEIRO

Consello Comarcal:
8.- ELISA PÉREZ VÁZQUEZ

9.- MARIO PILLADO MON

10.- JOSÉ MANUEL PEÑA ABEIJÓN

11.- MONTSERRAT PORTEIRO SÁNCHEZ

12.- MIGUEL IGLESIAS VILLARMEA

13.- INES PAZ NEIRA

14.- XOSÉ MANUEL POUSADA BARRERA

15.- MANUEL REQUEIXO ARNEXO

16.- XOÁN MANUEL DÍAZ BRANCO

17.- MARÍA SUSANA RIVEIRA FERNÁNDEZ

18.- XOSÉ LUÍS GUTIÉRREZ RIVAS

19.- ELVIRA ARIAS SANTE

20.- ADRIÁN PIÑÓN DOMINGUEZ

Exit mobile version