Site icon Crónica3.com A Mariña

O colexio Sagrado Corazón visita o Concello de Ribadeo

sagrado-ribadeoUn grupo de nenos e nenas de educación infantil do colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, visitaron este xoves a Casa do Concello e puideron coñecer ao alcalde, Fernando Suárez Barcia. Os pícaros, de 5 anos de idade, acudiron acompañados das súas mestras. A xornada rematou cunha foto de grupo nas escaleiras do Pazo de Ibáñez.

Exit mobile version