Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo abre a súa oficina de turismo en San Cibrao ata o domingo 27 de marzo

Cervo, 23 de marzo 2016. O Concello ven de abrir a súa Oficina de Turismo, en San Cibrao, que permanecerá con horario de atención ao público ata o vindeiro domingo día 27.

A Concelleira de Turismo, Manuela Méndez, anuncia que “o Concello abriu dende onte, martes, a Oficina de Turismo, que está situada no antigo quiosco de prensa do centro de San Cibrao”.

Manuela Méndez engade que “a oficina abrirá as súas portas ata o vindeiro domingo, día 27 de marzo, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas”.

A responsable de Turismo no concello cervense manifesta que “dende o Concello esperamos que sexa unha boa semana para veciños e visitantes.
Aqueles que queiran poden achegarse á nosa oficina de turismo, onde se lles ofrecerá toda a información relativa aos atractivos nosos: ás nosas rutas de sendeirismo, ao noso entorno de Sargadelos, ás nosas praias, etcétera. Pero tamén para poder coñecer toda a nosa comarca”.

Exit mobile version