O alcalde, Alfonso Villares, explicou que “durante estes días desde o Concello de Cervo estamos acometendo unha serie de traballos de mantemento sobre todo dos nosos areais e tamén das zonas urbanas e dos núcleos rurais do noso concello”.
Villares engadiu que “estamos a facer estes traballos porque a Semana Santa é unha época na que so noso concello se achega moita xente de distintos puntos de Galicia e de fóra da comunidade para pasar estes días de vacacións. Eu creo que é importante dar ese repaso á nosa casa, en concreto ás nosas praias, para que se coincide que haxa bos días, como parece ser que vai pasar a partir deste xoves, a xente que estea aquí, ben sexa os nosos veciños ou a xente de fóra, poidan gozar das nosas praias. Temos moi bos areais e queremos que estean en bo estado para estas datas”.
Estas labores de mantemento foron supervisadas polo alcalde, Alfonso Villares, e pola concelleira de Medio Ambiente e Turismo, Manuela Méndez.