Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo recollerá plásticos “porta a porta” entre o 7 e o 8 de marzo

Ribadeo, 2 de marzo 2016. O Concello continuará a vindeira semana coa recollida de plásticos agrícolas porta a porta, segundo anunciou este mércores o concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos, Jorge Díaz Freije.

O edil nacionalista explicou que “dende a Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo imos proceder de novo á recollida dos plásticos agrícolas é dicir dos procedentes do silo. É unha recollida porta a porta que fai un xestor autorizado pola Xunta de Galicia, que é SIMA, e vaise levar a cabo durante os días 7 e 8 de marzo”.

O responsable de Xestión de Residuos no Concello ribadense lembrou que “as solicitudes de todas as explotacións pódense facer ou ben nas dependencias municipais ou chamando ao teléfono 982 128 650. Simplemente e para facer máis efectiva a recollida pediríamos tamén no posible que concentrarán todos eses plásticos nuns puntos en concreto para que fose máis doada esa labor e tamén para facilitar o traballo dos camións, para que lles sexa máis doado e sinxelo”.

Exit mobile version