Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno pregunta a Candia por que membros do PP, como Raquel Arias, facían as viaxes que a Deputación subvencionou ata 2006 aos traballadores

Lugo, 29 de marzo de 2016.- O Goberno Provincial esixe a Candia que explique por que membros do Partido Popular, como Raquel Arias, entre outros, facían as viaxes que a Deputación subvencionou ata 2006, é dicir, durante o Executivo do PP na institución luguesa, a funcionarios e fillos de funcionarios. Trátanse de viaxes a Arxentina, India, Amsterdan, Crucero polo Rhin ou Euro-Disney, que o Goberno Progresista suprimiu a súa chegada á presidencia no 2007.

Esta información desvelouse este martes no transcurso do Pleno, cando o voceiro socialista do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, respondía ás cuestións que, precisamente, fixo o Partido Popular ao respecto da operación Pulpo.

Santos Ramos, que reiterou que o organismo provincial non tivo acceso nin ao auto, nin ao sumario desta investigación, subliñou que “con todo, puidemos coñecer a través dos medios de comunicación que:

1.- “ao parecer, no sumario recóllese, textualmente, que a presunta contabilidade irregular, que foi extraída dun ordenador da Deputación, son gastos dos anos 2003, 2004, 2005 e 2006. É dicir, corresponde á etapa do Goberno do Partido Popular na institución. Polo tanto, en todo caso, son os membros do PP os que teñen que dar algunha explicación ao respecto á cidadanía”.

2.- “Sobre a segunda cuestión (a suposta lista), aclararlles, en primeiro lugar, que, como en todas as administracións, o departamento de prensa garda informacións da institución, ben sexan notas ou comunicacións oficiais, así como calquera tipo de información que afecta á imaxe da Deputación, aínda que a súa autoría non corresponda ao departamento de prensa. Por este motivo, igualmente garda panfletos que atacan directamente ao propio persoal deste departamento, así como a Deputados. Polo tanto, informacións anónimas, das que foron vítimas”.

“Coñecida a través dos medios de comunicación a lista que, ao parecer, figura no sumario, podemos darlles dúas mostras irrefutables que corroboran que o Goberno progresista é alleo a este tema:

“Primeira mostra irrefutable: ao parecer, a lista comprende nomes de traballadores que iniciaron o seu contrato laboral na Deputación de Lugo tanto na época do Goberno do PP como na etapa do Goberno progresista.
“Segunda mostra irrefutable: ao parecer, todas as persoas que figuran na mesma melloraron ou mantiveron o seu status laboral e condicións laborais durante os últimos 8 anos. O informe oficial do departamento de Recursos Humanos da Deputación de Lugo acredita o rigor desta información. Os datos oficiais, sustentados nos expedientes persoais destes traballadores, revelan que o 60% dos mesmos melloraron a súa situación e o 40% mantivérona”.

“A única persoa que, segundo publicaron os medios de comunicación, fixo listas con traballadores da Deputación de Lugo para ganar congresos do PP, chegando ao punto de cambiar o seu sentido do voto no Pleno Provincial, como foi o caso da RPT, foi a señora Elena Candia.

Así o recollían, textualmente, os medios de comunicación, que apuntaban: “El documento (en referencia á Relación de Postos de Traballo da Deputación de Lugo) fue aprobado de forma inicial por el bipartito en abril de 2015, con el voto en contra del PP, y tras un periodo de alegaciones, ahora obtuvo el apoyo de toda la corporación. En algunos ámbitos, el cambio del PP se atribuye a que el documento supone una mejora salarial para, entre otros, varias decenas de trabajadores que son militantes del partido que entraron en la Diputación en tiempos de Cacharro y que no estaban al día en el corriente de sus cuotas. Esto les impedía votar en el congreso para la dirección del PP, al que concurría y que ganó la portavoz en la Diputación, Elena Candia”.

“Polo tanto, tamén neste caso, son os membros do Partido Popular os que, en todo caso, teñen que dar explicacións ao respecto á cidadanía”.

3.- “E máis explicacións deberían dar vostedes, pois coñecemos que membros do Partido Popular, como a señora Raquel Arias, entre outros moitos, disfrutaban das viaxes que o Goberno do PP na Deputación subvencionou ata 2006 a funcionarios e fillos de funcionarios. Con que fondos se pagaban as viaxes aos Deputados do PP señora Candia?

Exit mobile version