Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Popular solicita a convocatoria dunha nova reunión extraordinaria do Consello de Suplusa ante a parálise que impera no organismo

Lugo, 31 de marzo de 2016.- Os representantes do Grupo Provincial do Partido Popular no Consello de Administración da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. (Suplusa), Elena Candia, José Antonio García, Manuel Jesús González Capón e José Ulla, remitiron este xoves ao presidente do organismo, Darío Campos, a solicitude na que urxen, na maior brevidade posible, a convocatoria dunha reunión extraordinaria do consello para desbloquear a parálise que impera no organismo.

O vicevoceiro dos populares e conselleiro de Suplusa, José Antonio García, explica que solicitan de novo unha reunión extraordinaria do Consello da Sociedade para tratar unha necesaria proposta de modificación dos Estatutos, co obxecto de mellorar a súa estrutura organizativa e o seu funcionamento.

O Grupo Provincial do Partido Popular e os seus conselleiros están a garantir o desbloqueo da sociedade e recuperar o seu funcionamento pouco a pouco, xa que a meirande parte das reunións que se producen son por petición dos populares, ao igual que sucedeu coa celebrada na tarde de onte. Unha actividade que aínda non é suficiente, polo que demandan unha reunión extraordinaria.

Os populares vén necesaria esta actitude por parte do seu Grupo tendo en conta o estado de parálise ao que somete o presidente provincial á Sociedade Urbanística, de aí que o Grupo Popular asumiu a responsabilidade “necesaria” de recuperar o normal funcionamento da institución ao igual que está a facer coa Deputación de Lugo.

Exit mobile version