Site icon Crónica3.com A Mariña

O IV Festi-Val de Cine de Alfoz e Valadouro pecha coa proxección de ‘A Esmorga’

clausura-festi-valO pasado sábado, día 26 de marzo, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz acolleu a clausura do IV Festi-Val de Cine de Alfoz e O Valadouro, organizada polo Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA).

Nesta última xornada do Festival, que era a cuarta, proxectouse a película galega máis recoñecida dos últimos anos: “A esmorga”, do Director Ignacio Vilar. Este estivo presente durante todo o acto, que se iniciou cunhas palabras de Pepe Peinó, Presidente do SEVA, para continuar logo cun pequeno coloquio no que participaron o propio Ignacio Vilar, Alberto Geada, o zoqueiro de Alfoz (que colaborou en “A esmorga” aportando as zocas que aparecen no filme) e con Matías Nicieza, experto en cine do seminario, que actuou como moderador. Unha vez rematada a proxección do filme Ignacio Vilar someteuse ás preguntas do público, nun diálogo que resultou tremendamente fluído e enriquecedor, participando varias persoas nel.

Finalmente, o Concelleiro de Cultura do Concello de Alfoz, Xabier Pardiñas, entregoulle a Ignacio Vilar o recordo habitual pola súa participación (por segunda vez) neste Festi-Val.

Exit mobile version