Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da Agrupación local popular de Burela e Mary Fraga respaldan a candidatura de Elena Candia

Lugo, 3 de marzo de 2016.- O presidente da Agrupación local de Burela, concelleiro e ex deputado provincial, José María González Barcia, e a concelleira, secretaria xeral do PP e presidenta de Mulleres en Igualdade de Burela, María del Mar Fraga, respaldan a candidatura de Elena Candia á presidencia do Partido Popular de Lugo. A mindoniense tamén incorpora a súa Executiva á avogada burelense, especialista en Dereito do Traballo, María Dolores Cociña Cabanas.

“Tanto o presidente da Agrupación local como moitos dos militantes de base teñen apoiado o meu proxecto e teñen feito achegas en positivo para melloralo, polo que terán representación na miña Executiva”, explica Candia, quen agradece os apoios que “seguimos sumando das distintas agrupacións locais por toda a provincia”.

Tanto José María González Barcia como Mary Fraga e María Dolores Cociña coinciden en que “é sumamente importante ter en conta ás bases, como propón o equipo que lidera Elena Candia, o traballo en grupo e consensuado, dando máis participación e máis voz aos afiliados”, polo que consideran a súa candidatura “a que mellor representa o partido que queremos construír entre todos”, engaden.

María Dolores Cociña
María Dolores Cociña é licenciada en Dereito e foi avogada do CIM do Concello de Ribadeo, onde o seu traballo se centrou no ámbito da orientación profesional, no fomento do movemento asociativo e participación das mulleres na sociedade así como en calquera outra área encamiñada a conseguir a igualdade das mulleres que de forma individual o solicitaran. María Dolores Cociña tamén desempeñou con anterioridade este posto con na administración local de Burela; onde, a maiores, foi técnico de emprego. Na actualidade colabora como avogada en Bumei Burela (Asociación de Mulleres en Igualdade).

Exit mobile version