Site icon Crónica3.com A Mariña

O quinteto de metais Ribadeo Brass ofreceu un concerto na capela ribadense da Terceira Orden en beneficio da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

280316 CONCERTO RIBADEO BRASS NA TERCEIRA ORDEN (2)Ribadeo, 28 de marzo de 2016.- O quinteto de metais Ribadeo Brass ofreceu un concerto na noite do pasado sábado en beneficio da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña. Tivo lugar na capela ribadense da Terceira Orden e contou con moita afluencia de público.

O quinteto Ribadeo Brass está formado por Álvaro García Álvarez, Rubén Solloso Irimia, José Luis Pulpeiro Grueso, Manuel Álvarez Rodríguez e Diego Vizoso Castro, que interpretaron pezas de Haendel, Giaches de Wert, Claudio Monteverdi, Bach, Frank, Pachelbel, Mozart e Ludwig Maurer.

Exit mobile version