Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ribadeo FC cae no último minuto ante o Silva (3-2)

O Ribadeo FC cae o tempo de desconto. A piques estaba de conseguir sumar, cando menos, un punto tras chegar ao tempo de desconto cun empate a 2 goles.

Joao Paulo adiantaba aos locais para que logo Marcos González puxera o 2-0 no marcador. Javicho marcaba pouco antes do descanso e volvía anotar 15 minutos despois da reanudación do xogo. No minuto 90 Miguel Muñoz encaixaba o definitivo 3-2.

Con 26 puntos, empatados co Noia e o Bergantiños, os celestes ocupan a zona baixa da táboa a 6 puntos da zona de salvación. A vindeira xornada reciben ao Negreira no Pepe Barrera.

Exit mobile version