O ribadense participou en todas as edicións e de ano en ano pódese ver un aumento importante de participación e nivel na proba, ata o punto de que actualmente sexa unha das probas de referencia no territorio nacional, motivado polo traballo e esforzo dos organizadores, con Marciano Vázquez, o seu actual adestrador e anteriormente seleccionador nacional, á cabeza.
A maior alegría do fin de semana recibiuna o Venres durante a cea con organizadores e algúns participantes, cando por total sorpresa lle fixeron entrega do cartel oficial da proba, para o cal foi escollido como imaxe.
No estritamente deportivo, a participación de Lindín foi, nas súas palabras, “bastante incomoda debido a unha pequena ferida no cóbado dereito que me impedía o apoio correcto do mesmo”.
O tirador continuou: “Finalicei en segunda posición, pero nin na miña mellor tirada podería co asturiano José Luis Martinez, que se mostrou imbatible cunha tirada impresionante”.
O tamén asturiano Jorge Díaz (tirador SEN discapacidade) bateu o record nacional en carabina aire, record que el mesmo posuía xa. Este ten xa praza para os xogos de Río e é a gran baza nacional para o tiro olímpico, xunto co galego Juan Saavedra para o tiro paralímpico.
Pola súa banda, Iván Lindín segue traballando para poder estar con eles en Tokio 2020.