Ao acto asistiron o Vicepresidente da Excelentísima Deputación Provincial de Lugo, D. Antonio Veiga Outeiro, o concelleiro de cultura, D. Eduardo Chao González, o técnico de cultura do concello de O Valadouro, Juan Novás e unha pequena representación dos numerosos colaboradores cos que conta a organización desta edición do Mercado Anual de Primavera de O Valadouro. No acto de presentación debullouse todos e cada un dos actos que se van a realizar o 19 de marzo en Valadouro.
Programa
10:00 h. Apertura do Mercado Tradicional Anual de Primavera de O Valadouro
10:00-14:00H. Fotoenxebre. A foto de recordo do Mercado.
11:30h. Pasarrúas con Cé Orquetra Pantasma
12:30h. Pasarrúas do grupo infantil da Asociación Cultural Amado Lar.
13:00h. Desfile das zocas.
13:30h. Ruta de tapeo ENXEBRE polos locais hostaleiros de O Valadouro animado con grupos de cantos de taberna.
15:30h. Paseo infantil en poni e en cabalo.
16:00h. Taller de pesca infantil.
16:00h. Xogos Tradicionais con XOTRAMU.
16:00h – 19:00h. Fotoenxebre
17:00h. Actuación do Mago Dani.
18:00h. Pasarrúas con Festicultores Troupe.
19:00h. Actuación de Mircromina Títeres co espectáculo TRESES
19:30h.Ruta de tapeo ENXEBRE polos locais hostaleiros de O Valadouro animado con grupos de cantos de taberna.
22:00h. Pasarrúas e concerto con Festicultores Troupe
24:00h. Concerto A Troba de Bugallo
Contaremos con amplos aparcamentos e zonas reservadas para comidas de campo, e tamén como novidade este ano, un concurso de local comercial máis Enxebre e local hostaleiro máis Enxebre.