Site icon Crónica3.com A Mariña

O venres 1 de abril da comezo o “Ribadeo de Cuchara” cunha charla-coloquio

Ribadeo, 29 de marzo de 2016.- O venres, 1 de abril, no Cine “Teatro” de Ribadeo, a partir das 8 do serán terá lugar un CHARLA-COLOQUIO con motivo da presentación das Xornadas Gastronómicas “RIBADEO DE CUCHARA”, que se desenrolaran entre o 1 e o 10 de Abril, nos restaurantes “La Solana”, “A Dorada do Cantábrico”, “La Botellería”, “Asador La Quinta”, “Casa Foguete” e “O Lar de Manolo”.

Actuará como presentadora da Charla-Coloquio a mestra ribadense Maria Pulpeiro Fernández; e cada un dos Cociñeiros dos restaurantes contarán as suas recetas que propoñen para as Xornadas. E, ademáis, seguro que algún que outro sucedido, como por exemplo: un dos cociñeiros foi quen de cociñar unha fabada asturiana para 50 persoas, mentras facía a peregrinaxe ao Rocío andaluz, nunha carreta en plena marcha.

As xornadas teñen o formato de “MENU DEGUSTACIÓN” pechado, ao prezo de 25 € con aperitivo, primeiro, segundo, postre, bodega e café con chupito. O común para todos e que incluen a receita que deron para os “Cuadernos de Cocina Asturiana y Gallega”, numero 3 adicado aos “Platos de Cuchara”.

As receitas son unha reivindicación da cociña tradicional, da que sempre se fixo na comarca astur-galaica, con fusión dos productos mãis cercanos como as fabas ou garabanzos con os nosos peixes como o congro ou o bacallau; ou os mariscos como as ameixas, as andaricas, as navallas ou o polbo. Ou o proprio “Caldo Gallego” que en Asturias lle din “Pote Asturiano”, con moi poucas diferenzas.

Tamén, para os que o desexen propoñen unhas TAPAS SOLIDARIAS das receitas ao prezo de 2,50€, dos que doarán un euro para Caritas.

A todos os que vaian a CHARLA-COLOQUIO obsequiaranps cunha tarxeta para poder degustar os pratos en formato tapiña, a partir das 9 da noite nos restaurantes.

Exit mobile version