Forman parte da representación ao redor dun centenar de persoas, todos eles actores afeccionados. No mesmo recréanse as escenas con música clásica en directo e ano tras ano fóronse incorporando novas escenas e grupos de recreación histórica.
Recentemente o noso Vía Crucis Vivente foi declarado Festa de Interese Turístico Rexional polo Goberno do Principado de Asturias.
O Vía Crucis Vivente 2016 toma un novo escenario centrado por completo no Mosteiro Cisterciense de Villanueva de Oscos.
A primeira escena que representa A Última Cea terá lugar no Patio interior do Mosteiro de Santa María ambientando dunha forma ideal a representación deste momento crucial da Paixón segundo San Marcos.
O resto das escenas, representaranse na horta do mosteiro e parte posterior do edificio monacal.
Realizaranse un total de seis escenas: Última Cea, Monte das Oliveiras, Negacións de Pedro, Xuízo ante Pilatos, Castigo a Xesucristo e Crucifixión.