Probas Culturais: Sábado 2 de abril, 18:00 horas no Centro Sociocultural de Alfoz.
Probas Deportivas: Sábado 16 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
Probas Artísticas: Sábado 23 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
Xogos Populares: Sábado 30 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
Este ano introducíronse varias novidades respecto ao último ano, que foron debatidas cos capitáns das distintas parroquias nunha reunión que se celebrou o pasado sábado 12 de marzo. Entre as novidades destaca que as parroquias estarán representadas por equipos mixtos, xa que se observaba que en determinadas probas como a deportiva ou nos xogos populares so participaban homes. Respecto á proba deportiva destacar que este ano haberá tres probas polo que se dará a posibilidade de participar a participantes de distintas disciplinas e ademais evitar exceso o competitividade nunha proba única, feito que aporta unha gran experiencia didáctica de responsabilidade, compañeirismo, respecto e tolerancia.
Tamén haberá novidades nas probas dos xogos populares, de xeito que cada ano se podan ir rotando diferentes xogos, facendo o evento máis divertido e imprevisible.
Nas Olimpíadas poderán participar todos os veciños e veciñas das diversas parroquias de Alfoz que estean ou estiveran empadroados/as ou sexan naturais do concello, ou ben que teñan parentesco en primeiro grao con estes.
Despois da reunión mantida cos capitáns propostos os 8 equipos participantes serán Adelán, Bacoi, Carballido, Castro de Ouro, Lagoa, Mor, Pereiro-Oiras e Reirado-Vilaúde.
Na primeira proba, a celebrar este sábado as parroquias estarán representadas por equipos mixtos cun mínimo de 5 participantes e un máximo de 10, repartíndose nos xogos do “UN, DOS, TRES”, TRIVIAL e STOP.
As inscricións faranse a través da Biblioteca Municipal no teléfono 982571270 ou no correo ofelia.adrio.alfoz@eidolocal.es.