Na categoría feminina, as mulleres deron 5 voltas ó circuíto ata completar unha distancia de 5´5 km, proclamándose campeona de Galicia na categoría W60, a atleta do clube vivariense, Begoña de Arriba (na foto, co dorsal 704). No apartado masculino, os atletas de M35 e M40 déronlle 7 voltas ó circuito grande ata completar unha distancia de 11 km, donde os representantes do clube vivariense acadaron a cuarta posición por equipos. Os super veteranos de máis de 45 anos correron a misma distancia que as mulleres, 5´5 km, facéndose có campeonato galego na categoría de M75, o atleta Antonio Cabana, o seu compañeiro Antonio Hernández, foi medalla de bronce na categoría de M65.
A próxima proba na que tomarán parte os atletas do clube viveirense será o Campionato Galego de Maratón a celebrar na localidade de A Coruña, o próximo mes de abril.