Asemella que no mundo da política tamén rexen as leis da física, “No nos representan” foi unha das consignas dos indignados; así, na pulsión constante entre democracia representativa e directa sempre existiu un risco evidente de repelencia, auga e aceite non se poden disolver facendo mixtura homoxénea.
E como perfecto contrapunto do coñecemento técnico xorde a filosofía representada en Diderot, referente do pensamento enciclopedista, postulaba a desconfianza dos sentidos; establecía este axioma despois de ver o horizonte plano do redondo planeta terra.
Nesta mesma semana, así, polo baixo, paseniño, coma todas aquelas loitas anónimas que determinan os dereitos de mañá, o Banco Popular capitula declarando de oficio a inaplicación de 10.000 cláusulas solo insertas nos seus préstamos hipotecarios; nestas mesmas datas Europa, representada no seu Tribunal de Xustiza, fixa como referencia o 25 de abril para resolver con respecto á cuestión da retroactividade. Non parece éste un tema menor no oitavo país da OCDE en canto a propietarios de vivenda, no que se estima que 3,5 millóns de hipotecas inclúen cláusulas limitativas da baixada do tipo de interese, “cláusulas solo”.
Sexa ésta a miña pequena homenaxe á filosofía: desconfía dos sentidos, as loitas imprescindibles estanse a librar fora das luces e dos taquígrafos.
Pablo Álvarez Ramos