Site icon Crónica3.com A Mariña

Parolando sobre o Día da Muller

parolando-mullerO programa Parolando da Radio Burela, facéndose eco da celebración do Día da Muller do pasado 8 de marzo, organizou un coloquio na súa emisión do xoves 10, na que seis mulleres de diversos ámbitos sociais deliberaron sobre a situación da muller no mundo de hoxe. Asistiron Mayra (Alcaldesa de Trabada), Cristina (Psicóloga do Centro da Información da Muller de Burela), Carmucha (da Asociación de Amas de Casa “Virxe do Carme” de Foz), Ana (Voceira do BNG na Mariña e Concelleira en Barreiros), Julia (Profesora Universitaria en Madrid) e Rita Morrigan (Socióloga e escritora de Xove). Falouse do papel secundario da muller no mundo da política, dos cambios na organización dos traballos no fogar entre os homes e as mulleres, do “teito de cristal” no mundo laboral e da necesidade da conciliación familiar para favorecer o traballo fóra da casa, entre outras cousas.

Exit mobile version