Site icon Crónica3.com A Mariña

Premio de Terra Branca

tbO ovetense Francisco González López, gañador do II Concurso de Cartas de Amor que convocou a galería ribadense Terra Branca para celebrar San Valentín, viaxou nos últimos días a Ribadeo para recoller o seu premio. José Ramón Leal, o propietario de Terra Branca, fíxolle entrega dunha figura do ceramista Otero Regal e agradeceulle a súa participación no II Concurso de Cartas de Amor, ao que se presentaron cerca dunha trintena de románticas declaracións e mensaxes de amor chegados desde diferentes puntos do país e, incluso, desde o estranxeiro.

Exit mobile version