Site icon Crónica3.com A Mariña

Proxección do documental ‘As Silenciadas’ para conmemorar o Día Internacional da Muller en Alfoz

O Concello de Alfoz celebrará o Día Internacional da Muller este martes 8 de marzo ás 20.00 no salón de actos do Centro Sociocultural de Alfoz, coa proxección do documental “As silenciadas”, documental histórico que recupera historias da vida de numerosas mulleres que defenderon a liberdade durante a ditadura.

“As silenciadas” é un documental de Pablo Ces, que relata o traballo de investigación feito por Aurora Marco e que fala das numerosas mulleres que andaron na clandestinidade sendo duramente represaliadas. Este documental recibiu o Premio Mestre Mateo 2012 ó mellor Documental.

Desde a Concellería de Igualdade e Benestar invítase a participar nesta homenaxe pois, “o 8 de marzo recordamos o importante que somos as mulleres durante todos los días do ano”, apunta a concelleira Carmen Geada.

Exit mobile version