Site icon Crónica3.com A Mariña

PSdeG: “Feijóo perdeu onte en Ourense e hoxe fíxoo en Lugo coa derrota da súa Delegada da Xunta”

Lugo, 6 de marzo de 2016.- “En dous días dúas derrotas. Feijóo perdeu onte en Ourense, pois nada puido facer para que Baltar non foxe reelixido Presidente do PP en Ourense. -Nin tan sequera houbo máis candidatos que o fillo de José Luís Baltar-. E hoxe volveu a perder, posto que a súa Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, non saíu nomeada Presidenta do PP lugués”. Así valora o PSdeG-PSOE na Provincia de Lugo o resultado do congreso do Partido Popular. 

Os socialistas felicitan a Candia pola “súa vitoria, que non é, en ningún caso, a do PP, pois a nova Presidenta do Partido Popular en Lugo xa demostrou, no seu breve paso pola presidencia da Deputación de Lugo, cales son as súas políticas para a provincia luguesa: as caciquís e as destrutivas”. 

O PSOE apunta algunhas destas “políticas caciquís e destrutivas” de Candia, e destaca que: 

1.-“Non hai nada máis caciquil que recibir unha dedicación exclusiva e cobrar a maiores 63.000 euros anuais de comisións por facer seguros, ademais da PAC, tal e como a propia Candia declarou na Deputación. Mentres foi Presidenta desta institución seguiu sendo interventora e mediadora de seguros”. 

2.-“Candia repartiu nos seus últimos días no Goberno Provincial 5 millóns de euros de cartos públicos de todos os lucenses exclusivamente entre Concellos do PP”.

3.-“Candia suprimiu fondos para o emprego en toda a provincia co único fin de incrementar en 500.000 euros outras axudas tamén en beneficio  do PP”. 

4.-“Candia perdeu 1 millón de euros que a Unión Europeo concedeu aos lucenses para emprego por non poñer en marcha nin un só curso do Pacto polo Emprego”. 

Din que “só se dedicou a caciquear, destruír e xudicializar toda a vida administrativa e política”. Por exemplo, coa nova sede da Uned, que foi capaz de ata remitir documentación sesgada á xustiza, tal e como o apuntou a Fiscalía. 

Ademais dende o PSdeG-PSOE de Lugo sinalan que o seu traballo como Alcaldesa de Mondoñedo pasa pola deixadez e a súa ausencia e compromiso coa cidade. “A dia de hoxe, en oito meses de goberno, leva gastados máis de 16.000 euros en anuncios de prensa e publicidade, un auténtico despilfarro”, nun concello de menos de 4.000 habitantes.

Dende o PSdeG-PSOE de Lugo esperamos que, con este novo cargo político, “Candia mude as súas políticas, comportamentos e tolerancia, e comece a ter o respecto institucional, que ata de agora non tivo”.

Exit mobile version