Site icon Crónica3.com A Mariña

PSOE provincial: “O PP de Candia voltou a reflexar o seu cinismo e caciquismo no Pleno da Deputación”

Lugo, 30 de marzo de 2016.- O PSdeG-PSOE na Provincia de Lugo salientou este mércores que “o PP de Candia voltou a reflexar no Pleno da Deputación o seu cinismo e caciquismo” logo da súa “estudiada” ausencia na votación do presuposto provincial.

Cinismo e teatro
Os socialistas remarcaron que “Candia e os seus compañeiros de pupitre non tiveron valor para votar en contra do presuposto do Presidente, o socialista Darío Campos, pois saben, perfectamente, que é un orzamento para todos, para os máis de 350.000 veciños da provincia e 67 Concellos; e non para uns poucos amigos do PP, como querían os populares. Por este motivo, nun acto de absoluta covardía, optaron por unha estudiada escapa na votación das contas provinciais e por protagonizar unha auténtica escena teatral, ás que xa nos teñen acostumados, reflexando, claramente, o cinismo que os caracteriza”.

Caciquismo
“Ao PP de Candia non lle gusta o presuposto provincial, precisamente, porque é para todos os lucenses. A súa intención era facer un orzamento para eles, para uns poucos do PP, nin tan sequera para todos os populares. Xa o demostraron durante o seu breve Goberno na Deputación de Lugo, no que comprometeron, dun xeito sumamente caciquil, obras para uns poucos Concellos, na súa maioría gobernados polos propios Deputados do Partido Popular”

Proposta de orzamento para todos
“Por certo, obras que, nun xesto de absoluto respecto cos cidadáns e Alcaldes, quixo respectar Campos Conde e incluíunos no orzamento da Deputación para que non se perdesen. Iso si, tamén destinou outros máis de 5 millóns de euros para obras nos restantes 50 Concellos que marxinou o PP, facendo que a súa proposta de orzamento verdadeiramente sexa para todos os lucenses”

“Verdadeira política”
“Entendemos que ao PP de Candia lles estrañe que o socialista Campos Conde goberne para todos os lucenses sen facer distincións, posto que Candia e os seus Deputados non saben o que é facer verdadeira política; non saben o que é atender dende as institucións públicas ás necesidades do conxunto dos lucenses, como é o seu deber e cometido. O PP de Candia só entende de caciquismo, de beneficiar, con cartos de todos os cidadáns, aos uns poucos amigos”.

Bloqueo durante 4 meses
Os socialistas destacan a “irresponsabilidade” de Candia e os resto de Deputados do PP, e explican que: “primeiro, foron capaces de bloquear o presuposto ao longo de 4 meses, pois o Presidente xa o presentou no Parlamento galego en novembro. Durante todo este tempo, nunca aceptaron a proposta para todos de Campos Conde porque non era a caciquil do PP de Candia. E logo, conscientes de que xa non podían frear o orzamento provincial, foron capaces de ausentarse do Pleno máis importante do ano”.

Antes do Pleno
“Por riba, xustifican esta estudiada escapada con máis mentiras e cinismo. Fixeron un auténtico teatro sobre as emendas. Sabían con antelación á sesión plenaria que as emendas foran rexeitadas por unha comisión técnica -na que tamén participou e marchou sen motivo algún o PP- que valorou que estas nin se axustaban á legalidade nin ás liñas xerais do presuposto do Presidente: emprego, políticas sociais e infraestruturas para os 67 Concellos”.

O PSOE advirte que “mentres os socialistas esteamos no Goberno Provincial as liñas do orzamento da Deputación nunca serán as de cartos para uns poucos amigos, como pretende facer o PP”.

Exit mobile version