Site icon Crónica3.com A Mariña

Rafa González, Salomé Cardoso e Daniel Alonso suben xa ao máis alto da Liga de Bolos de Xove

Co campo do Centro Social de Morás encharcado, as tiradas non se resentiron e, incluso, o gañador na categoría sénior pasou dos 300 tantos. Foi, por outra banda, unha xornada decisiva ao coronar definitivamente aos campións das tres ligas.

Liga Sénior Masculina
Sócrates non puido coronar a remontada e fallou estrepitosamente, tanto, que non foi sequera capaz de puntuar. O líder, Rafa, aproveitaba e cos 6 puntos obtidos proclamábase matematicamente campión nesta categoría sénior absoluta tras outros 5 títulos nos anos 2001-2002, 2002-2003, 2007-2008, 2010-2011 e 2015-2016. Ademais, foi 8 veces subcampión e 7 veces terceiro, ou sexa, das 27 edicións celebradas, estivo 20 veces entre os tres primeiros.

O segundo e o terceiro posto finais conta, ata o de agora, con Sócrates con 113 puntos e Arturo Vigo con 110. Así, a tirada final de Sumoas dirá en que orde queda cada un.

Liga Sénior Feminina
Non puido ser, Belén Meitín non puido remontar e pese a sacarlle 2 puntos nesta tirada a Salomé Cardoso, non foron suficientes para evitar esta conquistara o seu primeiro entorchado nesta categoría superando o terceiro posto acadado na liga pasada.

Salomé Cardoso, pese á súa xuventude, mantén unha traxectoria ascendente neste deporte, dado que foi dobre campioa na categoría Sub 16 nas tempadas 2010-2011 e 2011-2012.

O segundo e o terceiro postos finais están xa decididos: Belén Meitín con 65 e Salomé Bermúdez con 55 puntos, respectivamente, teñen o seu posto totalmente consolidado. Belén, que foi campioa nas dúas temporadas anteriores, obtén o seu terceiro subcampionato nesta categoría. Salomé Bermúdez -nai de Rafa, o campión absoluto- fixo un campionato excelente, xa que sendo como é a xogadora de máis idade, xogou a un gran nivel, mellorando moitísimo con respecto á tempada pasada.

Liga Sub 16
Por fin se lle acabou o pesadelo a Daniel Alonso, que vía como semana a semana Miguel López lle ía recortando a gran renda obtida na primeira parte do campionato. Polo tanto, Daniel acada o seu segundo entorchado nesta categoría nesta súa última tempada, xa que pasará á Liga Senior na seguinte.

Miguel, que comezou moi frouxo, sempre por debaixo de Daniel, collía confianza na segunda metade e a piques estivo de darlle un bo disgusto ao campión.

Nesta categoría queda aínda por dilucidar o terceiro posto final entre Julia López e Juan Manuel Ferro con 34 puntos e Javier Alonso con 29.

A vindeira tirada, TIRADA FINAL DE REMATE DA XXVII EDICIÓN vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE SUMOAS, O SÁBADO 5 DE MARZO DE 2016. Ao final desta tirada teremos a entrega de premios e trofeos a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de deportes Cristina Iglesias.

CAMPIONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE  MORÁS   (27 FEBREIRO 2016)

   35  INSCRITOS: 19  NA LIGA SENIOR,    6  NA LIGA SUB 16   E    10   NA LIGA FEMININA

CLASIFICACIÓN

                                                 NOME

TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO

JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

306

12

SEGUNDO

ARTURO VIGO CASABELLA

299

10

TERCEIRO

FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ

288

8

CUARTO

ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS

286

7

QUINTO

JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

283

6

SEXTO

JORDI MEITÍN SERANTES

272

5

SÉTIMO

GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

260

4

OITAVO

JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO

256

3

NOVENO

LUIS RANCAÑO BOUSO

253

2

DÉCIMO

ALEX MEITÍN SERANTES

252

1

MELLOR BOLADA

ARTURO VIGO CASABELLA

94

1

LIGA SUB 16

PRIMEIRO

JUAN MANUEL FERRO SANTOS

228

6

SEGUNDO

DANIEL ALONSO LÓPEZ

212

4

TERCEIRO

MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

181

3

CUARTO

JAVIER ALONSO LÓPEZ

179

2

QUINTO

JULIA LÓPEZ FORMOSO

171

1

MELLOR BOLADA

JUAN MANUEL FERRO SANTOS

74

1

LIGA FEMININA

PRIMEIRO

SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

185

6

SEGUNDO

BELÉN MEITÍN ROUCO

166

4

TERCEIRO

DOLORES BAÑO FRAGA

155

3

CUARTO

CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

149

2

QUINTO

SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

145

1

MELLOR BOLADA

SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

61

1

 

Exit mobile version