Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogos do PP de Viveiro para o próximo pleno

OLYMPUS DIGITAL CAMERACelestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1º) Algúns veciños das distintas parroquias, nos plantexaron a necesidade de colocar nos apeadeiros do Ferrocarril e nas Paradas do Bus dentro do noso Concello, a colocación dos horarios de chegadas e saídas de ambos medios de transporte público. Aínda que somos conscientes de que isto non é unha competencia do Concello, ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que faiga as xestións necesarias, tanto co Ferrocarril como coas empresas de transporte de viaxeiros para acolocación dos mencionados horarios.

2º) Na parroquia de Galdo, en concrecto en Vilar de arriba en plena curva da estrada a Vieiro, hai un espello de seguridade vial roto desde fai meses, motivo polo que ROGAMOS ó Goberno Local que proceda a sua colocación a meirande brevidade posible.

3º ) Constanos que nos últimos meses se fixeron reparacións con gravilla solta e alquitrán por orden do Concello en pistas e rúas en algunhas parroquias , pero gustaríanos recordar que outras siguen sin reparar, tal como sucede en Covas, no barrio do Pedregal concretamente na rúa de Os Castelos entre as vivendas sociais. Nesta rúa hai sumidoiros que nun cumplen a función para que se destinaron, asi como moitas fochancas na zona central, que se viron agrandadas como consecuencia da choiva, supoñendo un perigo para a circulación. Por este motivo ROGAMOS ó Equipo de Goberno que proceda ó seu asfaltado a maior brevidade, tanto nesta rúa como noutras das distintas parroquias do noso Concello que así o precisen.

Exit mobile version