
Alfoz, 6 de marzo de 2016.- O pasado sábado día 5 de marzo, na Casa da Cultura de Alfoz, celebrouse a segunda xornada do IV Festival de Cine de Alfoz e O Valadouro, organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA): Presentáronse o documental “As San Lucas”, do mindoniense Miguel García, xa habitual no noso Festival, e a longamentraxe de animación “O pequeno mago”, de Roque Cameselle.
Mándovos dúas fotos, unha con Miguel García dando unhas palabras, acompañado de Pepe Peinó, Presidente do SEVA, e outra na que aparecen os dous anteriores e Xabier Pardiñas, Concelleiro de Cultura de Alfoz, que foi o encargado de darlle o correspondente agasalllo a Miguel García.