Site icon Crónica3.com A Mariña

Simulacro de incendio no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro

O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro era escenario dun simulacro de incendio este mércores 9 de marzo ás 18.00 horas para adestrar ao persoal e habitualos ante posibles situacións de emerxencia.

Esta acción forma parte do Plan de Autoprotección do centro, implantado no presente curso. O exercicio de simulacro consistiu en “simular” un incendio en conserxería por un curtocircuíto nunha fotocopiadora, afectando á evacuación de todos os seus ocupantes. A duración do simulacro foi duns 6 minutos e realizouse correctamente.

Exit mobile version