Terceira etapa do Camiño Norte para sendeiristas laurentinos e burelaos
edicion2
Nun día espléndido, cunhas temperaturas agradables e cun sol que nos acompañaba toda a ruta, este sábado 12 de marzo os sendeiristas de Lourenzá e Burela percorreron a terceira etapa do Camiño Norte, desde A Voltiña ata Lousada. Participaron 80 senderistas que realizaron os 14 km desta etapa en aproximadamente 3 horas. É un tramo bastante esixente dado que é un continuo ascenso que atravesa as aldeas de Barbeitas, Maariz, Pandín, Casavella, Pacio e por último Lousada, onde Miguel de Lourenzá compartía coñecementos, anécdotas históricas e apuntes sobre a flora da zona que atravesaron – o maior bosque de avellanos de toda Europa-. Despois puideron repoñer forzas na feira de Lourenzá a base de paella e carne estofada. A próxima etapa será o 9 de abril e transcorrerá entre as localidades de Lousada e Martiñán, xa na Terra Chá.