Site icon Crónica3.com A Mariña

Terra Branca abría esta Semana Santa as súas portas tamén en Mallorca

mariangelRibadeo, 26 de marzo de 2016. O pasado mércores, 23 de marzo, tivo lugar en Colonia de Sant Jordi, en Mallorca, a inauguración da nova tenda de Terra Branca.

A galería conta, do mesmo xeito que a sala de Ribadeo, coa obra do ceramista viveirense Alfonso Otero Regal e os cadros de Mariángel Leal. Tamén hai un apartado dedicado aos complementos de esmalte da artista asturiana Marga Robledo.

Segundo explica a artista Mariángel Leal “el objetivo de Terra Branca es acercar el arte contemporáneo a todos lo que quieran disfrutar de él”. A proposta mallorquina segue a mesma política que a sala ribadense: un espazo para deleitarse, no que ademais non é difícil facerse cunha peza de arte.

Os irmáns e propietarios de Terra Branca, Mariángel e José Ramón Leal, confían en aumentar as súas vendas “a clientes principalmente del centro de Europa gracias al contacto directo que les proporciona su nueva ubicación y la venta online”.

Terra Branca en Mallorca atópase situada no nº 35 da Avenida Primavera, en Colonia de Sant Jordi.
A galería en Ribadeo abriu as súas portas fai quince meses. Desde a súa posta en marcha organizou charlas, exposicións e visitas á sala para gozar da arte que pode atoparse nas súas instalacións.

Exit mobile version