Site icon Crónica3.com A Mariña

Terras de Lourenzá, na “Ruta Aba Sacra” de Sober

SAMSUNG CAMERA PICTURESLourenzá, 21 de marzo de 2016.- Este domingo, 20 de marzo, unha vintena de membros da Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” desprazáronse ata o Concello de Sober, onde percorreron os 6,3 quilómetros da “Ruta Aba Sacra”, dende Doade ata Amandi.

Durante a camiñata tiveron oportunidade de desfrutar das paisaxes da Ribeira Sacra, xa que o percorrido da camiñata transcorre na súa totalidade entre os bancais de viñedo e ao son do canón do río Sil.

Como remate da xornada, acercáronse ata a Feira do Viño de Sober, que tivo lugar ao longo da pasada fin de semana.

Exit mobile version