Site icon Crónica3.com A Mariña

Trípode presenta ‘Apedreando’ en Burela

A Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela, presenta, ao Grupo Humorístico TRIPODE, e Alfoz, coa súa nova obra “Apedreando” , acta para todos os públicos e con entrada libre. Será o vindeiro venres 11, de marzo, ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Burela.

Apedreando…
Hoxe vaise celebrar unha reunión da concentración parcelaria. Está convocada para que o enxeñeiro Mariano Castro Carballeira escoite as reclamacións dos veciños respecto a redistribución de fincas, con vistas a iniciar canto antes o apedreiramento das mesmas.

Salustio e Nicandro acuden á mesma moi enfadados, un co outro, por mor dunhas lindes.

Varias persoas do público serán reclamadas por ambos veciños para apoiar as súas teorías . As discusións tratarán sobre fincas, lindes, regos, servidumes de paso, pedreiros…sempre desde unha perspectiva cómica e crítica. Finalmente o problema solucionase de maneira inesperada: Salustio e Nicandro amigarán de maneira pouco habitual, quedando incrédulo o enxeñeiro Mariano.

Unha comedia de enredo que de seguro nos fará rir e pasar unha noite agradable da man deste Grupo de actores.

Autor: creación colectiva.
Dirección: colexiada entre todos os membros do grupo.
Elenco : 3 actores.
Duración: 80 minutos.

Exit mobile version