Site icon Crónica3.com A Mariña

Un inspector de Facenda de Oviedo será o encargado de impartir o curso sobre reforma fiscal e modificacións que terá lugar este venres e sábado en Academia A Mariña

Burela, 3 de marzo de 2016.- As instalacións de Academia A Mariña, en Burela, acollerán este venres e este sábado un curso sobre reforma fiscal e modificacións ao que asistirán 35 alumn@s. Desenvolverase o venres 4 de marzo de 16 a 21 horas e o sábado 5 de 9 a 14 horas. Será impartido, segundo informa a dirección do centro, por un inspector de Facenda de Oviedo.

Fitosanitarios
Academia A Mariña impartirá durante este mes de marzo cursos para a obtención do carné de fitosanitarios en Burela, en Taboada e en Xinzo de Limia. As prazas xa están esgotadas, segundo informa a dirección do centro. Hai xa aberta unha nova convocatoria para impartir dito curso en abril en Burela e en Vigo. O director de Academia A Mariña, Ramón Hemida, recorda que “desde o 26 de novembro do pasado ano, os traballadores que manipulen produtos fitosanitarios, ou vaian facelo, deberán recibir a formación esixida en manexo destes produtos”.

Os interesados en obter máis información sobre toda a oferta formativa de Academia A Mariña poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 982 58 50 98.

Exit mobile version