Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha persoa falecida e outras catro feridas tralo atropelo dun xabarín na A-8 en Ribadeo

Unha persoa perdeu a vida e outras catro quedaron feridas -unha dela de gravidade- despois de rexistrarse un accidente múltiple na A-8, no quilómetro 514, ao seu paso polo concello lucense de Ribadeo.

Un particular alertou do acontecido ao CAE 112 Galicia minutos despois das 21.00 horas deste sábado 12 de marzo. Segundo afirmou, o accidente produciuse tralo atropelo dun xabarín. No sinistro acabáronse vendo implicados catro vehículos.

O persoal do 112 Galicia informou aos Bombeiros de Barreiros, a Urxencias Médicas, a Protección Civil de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de conservación da vía. Ademais, o 112 Galicia tamén puxo os feitos en coñecemento do GIPCE, o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, que acabou enviando dous psicólogos ao punto do accidente.

Exit mobile version