Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha vintena de artistas mariñáns inauguran a mostra “O Vento” en RegalXunqueira

ventoMaría Jesús Lage López, Pablo Livio, Celso Dourado, Neira Broch, Xoán Guerreiro, Hipólito Xeada, Antonio Roque Fanego, Mary Boix, Francisco Santos, Otero Regal, Xavier Magalhaes, Juan Queralt, Daniel Caxigueiro, Fabián Reino, David Catá, Juanel Ponte, Juan Puchades e Mateo Guerreiro participan na mostra de artes plásticas “O Vento” que se exporá na sala de exposicións de Regalxunqueira, en Viveiro.

O acto, presidido polo presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, e a xerende da Rede Museística da Deputación Provincial de Lugo, Encarna Lago, terá lugar o domingo 13 de marzo ás 12.00 horas.

Ao seu remate servirase un viño e algo de comer.

Máis actividades
A programación deste día continuará cunha rolda de prensa dos premiados deste ano, Xesús Alonso Montero e Encarna Lago.

Posteriormente, en San Cibrao celebrarase o xantar de irmandade no restaurante Paulino onde terá lugar o acto de entrega de diplomas, esculturas e medallas a:

– Xesús Alonso Montero “Toda unha vida”

– Encarna Lago “Árdelle o Eixo”

– e A corrupción política “Árdelle o Carro”

Así coma ás empresas agasalladas coa “A” de Calidade de Os Aventados: Conservas Albo, A confitería Quico de Burela e o Parador de Turismo de Ribadeo.

Ás 19.00 horas no salón de actos do Conservatorio de Viveiro desenvolverase unha conferencia encol a “Toda unha vida” por Xesús Alonso Montero que contará coa actuación do poeta Paco Rivas e o músico Lino Rico, ao seu remate.

Exit mobile version