Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa hai gañador do sorteo da Campaña do Día do Pai do Centro Comercial Histórico de Viveiro

vale f1.inddViveiro, 22 de marzo de 2016.- Xa temos gañador do sorteo de 2 entradas para o Gran Premio de Fórmula 1 de España, en Montmeló, con motivo da celebración da campaña do Día do Pai.

O agraciado é Carlos Bermudez Cociña, que resultou premiado cun ticket de compra da Librería Porta da Vila.

Poderá desfrutar das entradas do 13 o 15 de Maio, o premio tamén inclúe viaxe, aloxamento e vehículo para desprazamentos.

Foron numerosas as persoas que se achegaron este sábado pasado a depositar os seus tickets de compra na carpa instalada na Praza Maior, a urna estaba prácticamente completa de tickets, e o que nos trasmitían os clientes que se achegaban ata alí é que era un premio con moito tirón, xa que son numerosos os aficionados á Fórmula1.

Outra campaña máis que desde o Centro Comercial Histórico de Viveiro valoran moi positivamente pola acollida que tivo entre o público.

Exit mobile version