Mondoñedo acollía unha xornada turístico-literaria con profesor@s e alumn@s dos Departamentos de Lingua e Literatura Galega e da Facultade de Turismo da Universidade Complutense de Madrid guiados polos membros do Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” Bernardo Penabade, Xullo Rodríguez Leiras, Abel Vigo e Luis Fernández Ansedes. Os participantes continuarán a súa viaxe estes días visitando diferentes lugares da comarca da Mariña.