Traballouse técnica individual nun adestramento de dúas horas de duración ao que acudiron 14 alumnos das escolas e que foi dirixido por Juan Nécega e polas xogadoras do primeiro equipo Pomba Dorda Fernández, Xiana Fernández e Ivy Abiona.
Esta é unha das moitas actividades que ambos os clubs, e a Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo teñen programado coa intención de fomentar o baloncesto na nosa localidade. Para isto, a Delegación de Deportes e a Asociación Deportiva Salto do Coro agradecen a colaboración do Club Baloncesto Durán Maquinaria Ensino, da súa directiva, pola boa disposición a colaborar na formación das xogadoras de baloncesto das escolas Molou (Mondoñedo-Lourenzá).