Site icon Crónica3.com A Mariña

300 articuliños por toda unha vida

Fai xa varios anos que abrín est colaboración en CRONICA 3 A MARIÑA. Foi o meu amigo e compañeiro de xuntaletras Nebril que mo pideu e aquí sego, a pesares da pouca atención do editor que non esta nin o coñezo. A miña única intención era seguir aprendendendo a poner palabra detrais de palabra e opinar e trasmitir ideas, sin animo de proselitismo, eso si, e de paso entreterme con catro “tonterías”. Recentemente pensei en facer adespedida foi o primeiro que se me ocorreu.

Por varias veces, a punto estiven de deixalo, entre tanto lixo acumulado en “vaia vostede a saber onde”. Fai uns días, repasando e facendo limpeza, apareceu o archivo de todos os articuliños que leva feitos casi 300, e como “tantas pequenas cousas”, ao relelo saltábanme as mnagoas. Canta inxenuidade, canta despreocupación, canta tenrrura e iñorancia. Recordei por un momento aquelas cintas de vídeo que deixabas gravando, e cando meses ou anos despois visionabas, o que mais sorprendia era a publicidade “añexa” nas pausas da película.

A miña vida cambiou tanto como a sociedade… Eramos mais mozos, mais felices e despreocupados. De ningunha maneira imaxinabamos o que se nos venia encima, aínda que os primeiros “avisos” xa chegaban.
Moitas veces penso que si nese momento alguén nos dixo o que nos esperaba en tan curto tempo, pensariamos que era unha broma pesada ou unha mala serie de Cencia Ficción.

Agora decido seguir con articuliño de cada sabado. Non esperedes sesudos escritos ou tese doctorais, (xa hai xente magnifica que escribe moi ben e dannos información e coñecementos diarios) Aquí só se bera o que en cada momento me apeteza expresar. Indiñación ou Romanticismo mesturarase con bobadas varias. Únicamente o que me de a mismísima gana. É o meu Diario, ou Semanario ou o que me pida o corpo en cada momento, EN ABERTO E GRATIS..

Grazas a todos os visitantes de mais de 300 semans, e si o creedes axeitado a seguir…

Exit mobile version