
A Peña Manfra, de Ribadeo, celebraba este domingo 24 de abril o seu 47º encontro anual consecutivo que incluiu unha comida no hotel restaurante O Cabazo, da vila ribadense. Antes, os compoñentes desta veterana agrupación reuníronse para tomar un viño e un aperitivo no local do antigo bar Manfra, a onde volveron despois da comida para xogar as partidas de tute tradicionas en tódolos encontros anuais do colectivo. A maioría dos membros da Peña Manfra son veciños de Ribadeo, pero tamén conta con compoñentes que actualmente residen en localidades como Santiago de Reinante, Cangas de Foz ou Lourenzá.