Site icon Crónica3.com A Mariña

70 establecementos asociados ao CCA Foz recadarán fondos para a AECC do 29 de abril ao 8 de maio coa campaña ‘Céntimo solidario’

ccafoz-centimosolidarioFoz, 22 de abril de 2016. Céntimo solidario, así se denomina a campaña que levará a cabo o Centro Comercial Aberto de Foz entre o 29 de abril e o 8 de maio para a recollida de donativos destinados á Delegación Local da Asociación Española de Loita contra o Cancro. Esta campaña solidaria foi presentada pola presidenta da asociación focense, Antonia García, e polo presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo.

En total son 70 os establecementos comerciais e hostaleiros que participarán no Céntimo solidario. Paleo explica que “entre luns e martes da vindeira semana procederase a repartir as huchas que estarán instaladas neses locais entre o 29 de abril e o 8 de maio. Pensamos que a solidariedade sempre é necesaria, e si falamos de saúde aínda máis”.

O presidente de Acia/CCA de Foz lembra que “xa o ano pasado a nosa asociación patrocinou a edición do CD Foz, Onte e hoxe, con fins solidarios para Cáritas e a Protectora de Animais e nesta liña de colaboración seguiremos con outras iniciativas que nos poidan chegar no futuro”.

Exit mobile version