Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Viveiro felicita ao músico Javier Fajardo pola súa participación no Star Up For Young Conductors

A Alcaldesa de Viveiro, en nome de todos os veciños de Viveiro, quere felicitar publicamente a Javier Fajardo tras ter sido seleccionado, xunto con outros nove directores de coro europeos, para participar no proxecto Start Up for Young Conductors, financiado pola fundación Emil und Rosa Richterich-Beck Stiftung, que se desenvolverá na cidade suíza de Basilea.

Para todos nós é unha honra que un viveirense poida participar nun proxecto desta importancia e agardamos con inquedanza o concerto que Javier Fajardo ofrecerá o vindeiro ano en Viveiro, mostrando os resultados na súa participación neste evento. Estamos, unha vez máis, ante o recoñecemento do talento, da formación e da traxectoria dun músico formado no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, considerando que isto é unha proba da calidade deste centro educativo.

A nosa máis sinceira noraboa para Javier Fajardo.

Exit mobile version