Este xoves voltarán desta experiencia moi satisfeitos, cun planing de actividades moi interesante. Concretamente, disfrutaron das actividades propiamente ditas do balneario, o maior balneario de toda Galicia, xa que ademáis da piscina terapéutica ten máis de 40 cabinas individuais de tratamento, con baños de hidromasaxe e aeromasaxe, chorros, parafangos, duchas circulares, entre outros servizos, e ademais todos enmarcados nun entorno enmellorable.
Así mesmo, visitaron moitos lugares da zona e hoxe están a disfrutar do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, lugar que ofrece un conxunto moi heteroxéneo de actividades , que pretenden ofrecer contidos patrimoniais e experiencias de unha forma didáctica, lúdica e participativa.
Entre outras actividades poderán deleitarse, na tarde deste xoves, cunha “exhibición de fuego”, e unha gran comida de confraternidade entre todolos asistentes . Outras actividades que se poden facer alí son cazar con arco , fabricar obxetos de cerámica, como nas idades de bronce, facer calcos de petroglifos como os arqueólogos, entre outras….
Aproveitando a ocasión, e como Directora Técnica Xeral de tódolos dispositivos da Asociaión de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” quero facer fincapé na importancia destas actividades, todas elas encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios, e destacar que ademais de loitar contra o estigma social, as persoas diagnosticadas de enfermidade mental, con un tratamento axeitado e cos apoios necesarios, ousexa, un tratamento integral, poden recuperar as súas habilidades sociais e reintegrarse plenamente na sociedade.