Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Terras da Mariña organiza en Mondoñedo un recital de habaneras e voces tradicionais o 16 de abril

terras_mondoñedo4 de abril de 2016.- A A.S.D.R. Terras da Mariña, tras o éxito do recital organizado en San Cibrao o pasado 20 de febreiro, organiza de novo un evento musical de habaneras e voces tradicionais, neste caso en Mondoñedo. A cita será o sábado 16 de abril ás 20:15 horas no Auditorio Pascual Veiga, e contarase coa actuación dos grupos Mar Aberto, de Foz, e Escolma de Meus, de Viveiro. A entrada terá unha colaboración de 2,50 euros.

É colaborador especial do acto o Concello de Mondoñedo, e patrocinan: Zoñán, Autos Morán, Almacenes Otero, Padornelo, A Taberna do Valeco, A Tasca, Hotel-Restaurante-Cafetería Montero, O Rincón de Mondoñedo, Peluquería Ana, A Cova, Pastelería Val de Brea, AgroMondoñedo, Sertek Auto, O Rei das Tartas e Tu Día de Algodón.

Este recital forma parte dunha serie de eventos organizados por Terras da Mariña que se seguirán anunciando en próximas datas.

Exit mobile version