Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG gaña as eleccións sindicais en Costiña S.L.

5 de abril de 2016.- A CIG vén de gañar as eleccións sindicais en Costiña S.L. nuns comicios celebrados este luns día 04. O proceso tivo máis dun 84% de participación sendo a candidatura nacionalista a máis apoiada cun 53% dos votos, obtendo 3 delegados, mentres a candidatura de CC.OO recabou un 38% de apoios o que supón 2 delegados. O 7.5% de votos foron en branco.

Os resultados chegan ademais despois dunha campaña da empresa de acoso e derribo á nosa candidatura que viu como se lle poñían todo tipo de trabas, ameazas, presións, chegando mesmo a despedir ao nº 1 da candidatura o mesmo día que presentamos o preaviso de eleccións. Un laudo arbitral permitiu, non obstante, que o compañeiro se presentase ás eleccións á espera de que agora, a xustiza se pronuncie acerca do seu despedimento.

O despedimento non foi, en calquer caso, nada máis que a guinda do pastel de verdadeiro hostigamento laboral e sindical que o compañeiro leva sufrindo nos últimos anos, tal e como o proban varias sentenzas xudiciais ao respeito, logo de que entre os anos 2008 e 2011 liderara o comité baixo o que se asinaron os mellores convenios colectivos que tivo a empresa.

Porque iso é o que temía a empresa neste proceso, que pasase o que finalmente aconteceu, e que se poña fin a anos de condescendencia sindical nos que a pesar dos retrasos, dos impagos, da perda reiterada de dereitos non houbese dende o comité nin un atisbo de contestación e loita pola defensa dos dereitos laborais da plantilla.

Ábrese pois, logo deste proceso, unha nova etapa na que a participación da plantilla na toma de decisións, na que un verdadeiro asemblearismo, na que o primar por riba de todo os intereses da plantilla de traballadores e traballadoras, sexan as firmes señas de identidade do novo comité de empresa.

Exit mobile version