Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación municipal de Xuventude de Cervo organiza unha xornada de skate e outra de surf

Cervo, 19 de abril de 2016. A Delegación Municipal de Xuventude do Concello de Cervo, que dirixe a concelleira Dolores García Caramés, organiza unha xornada dedicada ao skate e outra ao surf. Os interesados en participar nestas dúas actividades deben inscribirse antes deste xoves, día 21.

A xornada dedicada ao skate será este venres 22 pola tarde e está dirixida a alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6 º de Primaria e rapaces a partir de 12 anos. E a de surf será este sábado 23 pola mañá para rapaces con idades a partir de 12 anos.

Os interesados en participar poden inscribirse na Casa do Mar, de San Ciprián, no teléfono 691.65.66.00 ou a través do correo electrónico dinamización@concellodecervo.com.

Exit mobile version