Campos Conde destacou que “a pesares de non ter competencias directas na materia, este ano a Deputación investirá preto de 2,5 millóns de euros na educación pública da provincia de Lugo”.
“E facémolo a través do Plan de Impulso do Campus de Lugo que temos en marcha coa USC; coa dotación na cidade de Lugo da sede da UNED de referencia no noroeste de España; coa única Escola de Imaxe e Son pública na provincia; ou mediante axudas directas coa Universidade Nacional a Distancia; Rof Codina; ou con esta Escola de Relacións Laborais”, remarcou.
O Presidente valorou que “en tempos de dificultade económica é máis importante investir nas políticas sociais que conforman o noso Estado de Benestar, que aforrar. Pois temos que mirar cara adiante, cara o futuro; e o futuro vén da man da formación dos nosos mozos”.
“A educación universitaria debe ser a plataforma de vertebración e progreso dunha sociedade avanzada, que quere estar á cabeza economicamente, pero, sobre todo, que sexa socialmente xusta e equitativa”, salientou.
No acto tamén participaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, o vicerreitor do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e a Directora da Escola de Relacións Laborais, Mercedes Montes Rodríguez, entre outras autoridades da provincia.