Site icon Crónica3.com A Mariña

A muller no Día da Nai

O 1 de maio, é o Día da Nai. Ou sexa, da muller, pois coida un que toda muller é nai, aínda aquela que, polo que sexa, non enxendrou un fillo: é así porque elas albergan no mais íntimo do ser a sensibilidade, e o esprito maternal,con independencia do que a vida lle deparase; de igual forma que a que ten un fillo e o perde, nunca deixa de sela, aínda que non volvera a parir.

Dí a lenda que ó principio do mundo, cando Deus creou á muller, percatouse de que esgotara tódolos materiais nobres formando ó home. Ante o problema, e despois de fonda meditación, fixo o seguinte: tomou a redondez da lúa; as suaves curvas das ondas; a garimosa adhesión da enredadeira; a esvelteza da palmeira; o tinte delicado das flores; a amorosa mirada do cervo; a alegría do sol e as bágoas das nubes; a fidelidade do can; a timidez da tórtola e a vaidade do pavo real; a suavidade da pluma do cisne e a dureza do diamante; a dozura da pomba e a crueldade do tigre; o ardor do lume e a frialdade da neve.

Con tan desiguais ingredientes formou á muller e deulla ó home. Tras dunha semana veu éste e díxolle: — “Señor, esta criatura faime desditado: quere toda a miña atención, nunca me deixa só; fala sen parar, chora sen motivo, parece que se devirte ó facerme sufrir, e veño devolvercha poque non podo vivir con ela”.

–Ben – contestou Deus – e quedouse coa muller.

Pasou outra semana, volveo o home e díxolle:

“Señor: atópome moi só desde que che devolvín a criatura: ela cantaba e xogaba comigo; mirábame e a súa mirada era unha caricia; ríase e a súa risa era música; era fermosa á vista e suave ó tacto. Coidábame e protexíame; dábame dozura, tenrura, comprensión e amor. Por favor, devólvema, que non podo vivir sen ela”. “Xa vexo- dixo Deus – como agora valoras as súas calidades; eso alégrame. Podes tela de novo, porque foi creada para ti. Pero non esquezas coidala, amala, e protexela porque, de non ser así, corres o risco de perdela para sempre…”

“Nai, ¡adorada nai!, mártir escura/branca pombiña, arruladora e tenra/¡ai, se souperas como me deixabas/ non te morreras!” (Curros Enriquez “Na morte de miña nai”).

Suso Fernández

Exit mobile version